O tramo do camiño que pasa por Caldas de Reis, e o final da etapa  4 e o principio da 5

ETAPA 4 – Pontevedra a Caldas de Reis (23 km y a 66,7 km de Santiago)

ETAPA 5 – Caldas de Reis a Padrón (18,5 km y a 43,7 km de Santiago)

Caldas sempre foi punto obrigado de tránsito para os peregrinos portugueses e para os extranxeiros que entraban en Galicia por Tui, polos portos de Baiona, Vigo e Pontevedra, siguindo a Santiago polo traxecto marcado polas duas vías romanas, a XIX e a XX, que atravesaban a provincia de Pontevedra.

Hoxe é un dos municipios que máis percorrido ten no Camiño Xacobeo Portugués, que empeza na Parroquia de Arcos da Condesa, e discurre polo centro de Caldas ata as parroquias de Bemil, Carracedo e San Clemente.

Ao su paso polo centro urbano de Caldas, os peregrinos atravesan o río Umia sobre a ponte da Ferrería baixando por diante das Burgas ata a Rúa Real e a Ponte Bermaña, onde todavía se conservan numerosas casas blasonadas no seu centro histórico e o aire medieval da ponte de factura romana.

A igrexa de Caldas, está adicada a Sto. Tomás Becket debido ao paso deste como peregrino a Compostela.

Numerosas son as citas que escritores e persoas recoñecidas deixan nos escritos sobre o Camiño Portugués, tales como o Pai Sarmiento, que destaca os lugares de boa comida en Caldas, así como a mención ao auga quente, os ríos e ao hospital de San Roque que acollía e curaba aos peregrinos.